Ai é un lugar da parroquia de San Lourenzo de Nogueira no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 97 habitantes no ano 2025, dos que 57 eran mulleres e 40 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 108 veciños, e 2010, cando eran 110.
Cultura popular Conta a lenda que, en tempos, o mar chegaba ata este lugar, e que cando veu ata aquí a predicar o santo que dá nome á parroquia, San Lourenzo de Huesca, atou a barca a unha pedra que se levanta no límite do igrexario, pedra que hoxe se coñece como Pedra de San Lourenzo. Cóntase tamén que dunha volta, os labregos quixérona mover, porque lles estorbaba na arada, e tiveron que deixala estar porque enfermaron todos. Tamén se di que no mencer do día de San Lourenzo, 10 de agosto, aparecen brasas rodeando a pedra: lémbrese que ó santo foi martirizado queimado sobre unha grella.
Lugares e parroquias Lugares de San Lourenzo de Nogueira
Parroquias de Meis
Véxase tamén Bibliografía : Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías. Editorial Xerais, Vigo, 2014 (5 ed. marzo 2023), 197-198. ISBN=978-84-9914-780-2.
Categoría:Lugares de Meis