Santa María de Temes é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 38 habitantes, sendo 19 homes e 19 mulleres. En 2016 tiña 32 habitantes, 18 mulleres e 14 homes, segundo o INE.

Toponimia O topónimo ten a base no medieval , que semella un antropónimo prelatino.

Patrimonio O Complexo de Temes, estudado polo padre Jaime Delgado, é o máis importante tesouro arqueolóxico do concello e da contorna. Neste complexo histórico-arqueolóxico pódense diferenciar catro etapas.

Etapa prerromana e romana. Consérvanse varios castros na contorna e tamén o mesmo nome de Temes. Entre os romanos sobresae a ara dedicada ós deuses “Lares Viales”. Etapa paleocristiá. Consérvase a tapa dun sartego (probablemente de entre 315-325), incrustada enriba do arco triunfal da igrexa. No seu ático nárranse iconograficamente tres escenas bíblicas: a Adoración dos Reis Magos, o pecado de Adán e Eva e o ciclo de Xonás. Nela sitúase a primeira inscrición cristiá de Galicia esculpida nunha pedra granítica: (fe, esperanza, caridade). Etapa cristiá-altomedieval. Sobresae unha pedra coa inscrición . Traduciuse como: "A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de decembro [30 de novembro], na era 843 [ano 805]". Consérvanse outras pezas da igrexa prerrománica. Etapa renacentista: o sagrario do altar maior con Cristo saíndo do sepulcro entre os apóstolos Pedro e Paulo.

Unha das pezas do Complexo de Temes formou parte en 1991 da Exposición Galicia no tempo.

Lugares e parroquias Lugares de Temes

Parroquias de Carballedo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo Ligazóns externas Complexo de Temes

Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía