A Trindade é un cadro pintado polo Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614). Este óleo sobre lenzo mide 300 centímetros de alto e 179 cm de ancho, e foi executado entre 1577 e 1579, sendo un dos nove lenzos que realizou para o mosteiro de Santo Domingo de Silos (o Antigo), en Toledo. Atópase no Museo do Prado de Madrid, España.
Representa a escena na que Deus Pai sostén o corpo do seu fillo Xesucristo morto. Sobre eles, o Espírito Santo representado en forma de pomba. Ó redor deste tres acodes da Trindade, aparecen anxos en diversas posturas, algúns deles con expresións dramáticas nas facianas.L. Cirlot (dir.), Museo del Prado I, Col. Museos del Mundo, Tomo 6, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3809-3, páx. 65.
Pintor manierista, El Greco evidencia aquí influencias de Miguel Anxo (no modelado da anatomía das figuras) e tamén de Tintoretto (no cromatismo). Predominan os tons fríos (malva, azul, verde), con illados toques cálidos que achegan vitalidade á escena.
A composición é moi orixinal e presenta forma de corazón, dentro da cal se desenvolve toda a acción do cadro e da que só queda fóra a pomba representante do Espírito Santo. O centro do cadro está dominado polo monumental corpo de Cristo, representado segundo as proporcións tradicionais e afastado da estilización das figuras que dominan en obras posteriores do Greco. Con todo, é evidente o espírito innovador manierista, reflectido na serpenteante liña formada pola posición do corpo de Cristo e Deus Pai, así como polas irreverentes e esaxeradas reaccións dos anxos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina web do Museo do Prado.
Categoría:Obras pictóricas de El Greco Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Maneirismo