José Antonio Gómez Fernández, nado en Ourol, foi un político galego.

Traxectoria Na II República foi elixido concelleiro de Ourol. Militou no Partido Republicano Radical. En 1933 foi elixido alcalde, permanecendo no cargo até 1936. Coa desfeita do Partido Radical, integrouse no Partido Republicano Radical Socialista, do que foi presidente. Foi membro da Xestora da Deputación Provincial de Lugo de marzo a xullo de 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente por responsabilidades políticas. Exiliouse en Cuba.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Un acto en memoria de los alcaldes del municipio de los siglos XIX y XX

Categoría:Alcaldes de Ourol Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Ourol Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes