Pere Mir i Puig, nado en Barcelona o 1919 e finado en Barcelona o 10 de marzo de 2017,"Mor el gran mecenes de la ciència Pere Mir". El Periódico. 12 de marzo de 2017. foi un empresario e mecenas catalán.

Traxectoria Doutor en Ciencias Químicas, dedicouse á investigación, á síntese e á fabricación de produtos químicos, así como á promoción de varias empresas e patentes. Mir fixera fortuna como químico tras inventar unha nova técnica para extraer formol da madeira, que tiña máis de vinte patentes, algunhas das cales aínda se utilizan hoxe en día, e iniciou a súa actividade filantrópica na década de 1960 cunha doazón á Casa Pairal, de Vilassar de Mar. Tamén foi profesor na Escola de Enxeñeiros Técnicos da Universidade Politécnica de Cataluña e fundador do Centro de Estudos Cataláns da Sorbona, en París. En 1993 recibiu a Creu de Sant Jordi en recoñecemento ao seu traballo.

No ano 2002 creou a Fundación Cellex, que liderou nos últimos anos as achegas do sector privado ao progreso científico de Cataluña."El mecenatge científic a Catalunya ". Blog de l'Observatori de la Recerca. Algúns dos proxectos que financiou son o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO), o Centro de Formación Interdisciplinaria Superior (CFIS) da UPC, que ofrece a posibilidade de cursar dúas carreiras simultáneas a alumnos de altas capacidades, o Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Barcelona,"La UB signa un conveni amb Cellex per a la rehabilitació d'una part de la Facultat de Medicina". Universitat de Barcelona. o Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer (IDIBAPS), o Instituto de Oncoloxía Vall d'Hebron e o programa de CiMs+CELLEX de bolsas de estudo para estudantes de bacharelato, especializado en ciencias e matemáticas."Cellex, el secreto mejor guardado de la ciencia catalana". La Vanguardia. 11 de novembro de 2015.

A achega ao ICFO foi a doazón de patrocinio científico máis grande feita en España,"ICFO’s Cellex Nest project highlighted as the most important effort in scientific patronage in Spain ". The Institute of Photonic Sciences. 27 de outubro de 2010."L'Institut de Ciències Fotòniques recibe la mayor donación de España". La Vanguardia. 26 de outubro de 2010. e permitiu a construción do edificio Nest, que foi inaugurado en xuño de 2012."Inauguration of Nest Building ". The Institute of Photonic Sciences. 19 de xuño de 2012.

Cun perfil moi discreto, estímase que entre 2004 e 2010 a súa fundación financiou con 62 millóns de euros diferentes institutos e proxectos científicos."Mecenas en el hospital ". El Periódico. 20 de xuño de 2010.

O ano 2011 concedéuselle o Premio Nacional de Investigación, na categoría de patrocinio científico."Los Premios Nacionales de Investigación 2011 abrazan las ciencias de la vida . Los galardonados de esta edición son Jordi Galí, Núria López-Bigas, IBM y BSC, Pere Mir y el programa 'Valor afegit' de Televisió de Catalunya". Biocat. 8 de febreiro de 2012. En 2013 recibiu a medalla de ouro do Concello de Barcelona, co premio ao Mérito Científico, pola súa participación no patrocinio de investigación en física, química e a biomedicina."Pere Mir i Puig i Antoni Vila Casas reben la Medalla d’Or de l’Ajuntament ". El Digital DBarcelona. 24 de xaneiro de 2013.

Pere Mir decidiu levar sempre unha vida discreta e pediu morrer coa mesma discreción. Solicitou que a súa morte non se fixese pública ata que as súas cinzas fosen depositadas no panteón familiar do cemiterio de Vilassar de Mar, tal e como ocorreo, na presenza da súa viúva, Núria Pamias."Muere Pere Mir, el gran Mecenas de la ciencia catalana". La Vanguardia. 10 de marzo de 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Pere Mir i Puig" en Enciclopèdia.cat.

Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 2017 Categoría:Filantropía