María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018, foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.
Traxectoria Foi a segunda filla de María Victoria Ruiz de Ojeda e Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, pintor, máis coñecido como San Luis. Licenciada en Filoloxía Hispánica en 1984 pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de ensino secundario en varios institutos, no de Mos nos últimos anos, e formou parte do padroado da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Blanco Amor.
Colaborou en publicacións como Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, revista galega de cultura, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Boletín da Real Academia Galega e Festa da Palabra Silenciada.
Publicacións Rosalía de Castro para nenos en Google Books. Entrevistas con E. Blanco-Amor. Nigra. 1994. ISBN 84-87709-16-8. Con prólogo de Xesús Alonso Montero. Anuario de Estudos Literarios Galegos Imaxe da portada.
Rosalía de Castro para niños y jóvenes . Madrid: Ediciones de la Torre. 2008. ISBN 84-7960-387-9.Rosalía de Castro para niños y jóvenes Imaxe da portada. Colectiva:
Recoñecemento En decembro de 2018 a revista do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid, Madrygal, adicoulle unha separataVol. 21 (2018) publicado o 19/12/2018 e en 2019 a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES de Mos fixéronlle unha homenaxe.
A revista Grial fíxoa protagonista do nº 223 (2019): Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda: camiños explorados.
Vida persoal O 16 de xullo de 1997 casou con Xesús Alonso Montero.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, Patricia (2018). "Achegamento á vida e á obra de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda". Madrygal 21. pp 355-379. . .
Ligazóns externas 20px "As casas de Rosalía en Padrón"
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes