Un mastodonte (en "peito" e ὀδούς, "dente") é calquera especie dos extintos mammutidae proboscídeos do xénero Mammut que habitaron en América do Norte e América Central durante o Mioceno tardío até a súa extinción no Plistoceno, hai 10 000 ou 11 000 anos. Os mastodontes vivían en mandas e eran predominantemente animais que vivían nos bosques, que se alimentaban dunha dieta mixta obtida de follas e pasto, cunha preferencia estacional polas follas, de xeito semellante ós elefantes vivos.

M. americanum, o mastodonte americano, é a máis nova e mellor coñecida especie do xénero. Desapareceron de América do Norte como parte da extinción masiva da maioría da megafauna do Plistoceno, que puido estar relacionada coa sobre explotación dos cazadores clovis, e posiblemente ó cambio climático.

Notas

Categoría:Proboscídeos Categoría:Fósiles descritos en 1799