miniatura|200px|Isópodo: o maxilípodo está sinalado coa sigla Mxp. miniatura|200px|Anfípodo: o maxilípodo esdtá sinalado co nome maxillipède.

En zooloxía, chámamse maxilípedos, maxilípedes ou patas maxilas aos apéndices torácicos de moitos artrópodos (crustáceos e miriápodos), que serven para auxilialos na alimentación.

Encóntranse próximos á boca e poden teren pequenas quelas para aseguraren os alimentos.Metazoa "Crustacea" no sitio do Educandário "Imaculada Conceição" de Florianópolis, Brasil. Consultado o 15 de marzo de 2017.

Etimoloxía O termo maxilípedo entrou nas liguas modern as a través do francés maxillipède, construído polos elementos maxilli-, tirado do latín maxilla, 'mandíubula', e -pède, derivado do latín pēs, pedis, 'pé', 'pata'.Consultado no Trésor de la Langue Française informatisé , o 15 de marzo de 2017.

Crustáceos Nos crustáceos das clases dos malacostráceos, maxilópodos e ramipedios, os maxilípedos son apéndices dos primeiros segmentos torácicos ou toracómeros (do 1º ao 3º), anteriores e fusionados co céfalon, que están incorporados á cabeza como pezas bucais adicionais para a manipulación do alimento.Garrido, Carrlos (1997): maxilípede (Arthropoda:Crustacea).

Miriápodos Nos miriápodos, os maxilípedos son cada un dos apéndices do tronco dalgús destes animais que asumen funcións tróficas (prensión ou mastigación dos alimentos) propias dos apéndices cefálicos. Concretamente nos quilópodos son cada un dos apéndices do primeiro par do tronco, modificados como garras dirixidas para adiante (forcípulas) e adpatados para a captura das presas, e coas que lles ixenctan veleno.Garrido, Carrlos (1997): maxilípede (Arthropoda:Myriapoda).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Lingua. ISBN 84-87305-12-1.

Outros artigos Malacostráceos Maxilópodos Ramipedios Miriápodos Quilópodos Forcípula

Ligazóns externas Crustaceamorpha: Appendages Universidade de California, Berkeley Maxilliped Natural History Museum of Los Angeles County. Crustacea: Glossary

Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos