Lisardo Sotelo Pérez, nado en San Xoán de Río e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Ribas de Sil. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no cárcere de Monforte o 20 de xaneiro de 1937. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 12 de maio de 1937 con Balbino Cerdeiras Rey, José Vázquez Liz e Manuel Vázquez OlmoEl Progreso, 13-5-1937, p. 4..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en San Xoán de Río Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos