Jacinto Campaña Martínez, nado en Camariñas cara 1907 e finado en Luarca en outubro de 1937, foi un comerciante, sindicalista e político galego.

Traxectoria Dono dun ultramarinos en Camariñas.El Correo Gallego, 8-12-1932, p. 1. Foi elixido vicesecretarío da Cofraría de pescadores de Camariñas en 1931.La cofradía de Camariñas cumple 85 años Foi concelleiro de Camariñas na primeira corporación republicana. En setembro de 1933 foi detido, acusado de desobediencia.El Pueblo Gallego, 26-9-1933, p. 9. Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á CNT, dende 1932, e reelixido en xuño de 1936, foi correspondente de Solidaridad.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, cando ía ser detido por un grupo de gardas e milicianos ao mando do tenente Santos, foi advertido polo seu compadre, o comandante do posto da Garda Civil Mariano Lera, fuxiu e estivo agochado durante meses nos montes do cabo Vilán. Fuxiu por mar a Asturias nunha dorna a vela en outubro de 1937. Chegou a Luarca pensando que aínda estaba en mans do goberno republicano, pero xa fora ocupada polas tropas rebeldes. Detido por milicianos falanxistas, puxérono cabeza abaixo nun bidón cheo de auga e dispararon as súas metralletas sobre o tonel. Foi soterrado nunha fosa común. Procesado posteriormente polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, foi condenado o 21 de xuño de 1941 a 5 anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos ou empregos do Estado, Provincia e Municipio, públicos de mando, confianza e directivos e ao pago de 150 pesetas. Posteriormente os seus restos foron trasladados ao Valle de los Caídos. Vida persoal Casou con Luzdivina Leis Rey e tivo dous fillos. Cando enviuvou, Luzdivina viuse obrigada a vivir de donativos e esmola.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La trágica y absurda muerte de Jacinto Campaña

Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Concelleiros de Camariñas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos