O termo ocelo, derivado do latín ocellus, 'olliño', pode facer referencia a: Ollo simple, ou ocelo, órgano visual dos artrópodos e outros metazoos. É un órgano que serve para diferenciar dos ollos compostos e dos verdadeiros ollos dotros animais como, por exemplo, os cefalópodos. Ocelo (mimetismo): mancha arredondada e ás veces multicolor que presentan as ás dalgúns insectos e aves. Ocelo (xeoloxía): termo usado nalgunhas rochas para denominarmos unha parte da rocha con forma elíptica, do tamaño de até o dun ovo e que ten unha composición mineralóxica diferente do resto. Pico e lagoas de Ocelo (Concello da Veiga). Coordenadas: 42.222589448568314, -6.8764630606233315

Véxase tamén Outros artigos Ollo de sapo