Manuel Vázquez Fariña, finado en Mugardos o 11 de decembro de 1973,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-12-1973, p. 51. foi un político galego.
Traxectoria Empregado da Sociedad Española de Construcción Naval. Afiliado ao Partido Republicano Radical, foi elixido alcalde de Mugardos en agosto de 1935.El Pueblo Gallego, 7-8-1935, p. 5. Cesou no cargo a principios de xaneiro de 1936.El Pueblo Gallego, 10-1-1936, p. 10. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde e Delegado de Orde Pública o 23 de xullo. Foi un dos principais responsábeis da represión en Mugardos nos primeiros meses da guerra xunto co xefe de Falange Esteban Cortizas Vilar. Foi destituído polo gobernador civil en agosto de 1937 e desterrado a Vedra.El Compostelano, 4-8-1937, p. 1. Volveu ser nomeado alcalde de Mugardos en setembro de 1939, tomando posesión o 10 de setembro.El Correo Gallego, 12-9-1939, p. 4. En 1943 foi recibido por Francisco Franco en El Pardo para entregarlle a medalla de ouro da vila de Mugardos.Pensamiento Alavés, 26-10-1943, p. 1. En xaneiro de 1949 os guerrilleiros Adolfo Allegue Allegue e Francisco Martínez Leira atentan contra el e o falanxista Arsenio Muñiz, a quen asasinan, logrando Manuel Vázquez saír indemne.
Notas
Categoría:Alcaldes de Mugardos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1973