Franjo Kuharić, nado o 15 de abril de 1919 en Krašić (Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) e finado o 11 de marzo de 2002 en Zagreb (Croacia) foi un eclesiástico católico latino croata, arcebispo de Zagreb e cardeal.
Traxectoria Primeiros anos Franjo Kuharić naceu o 15 de abril de 1919 en Pribić, unha localidade do concello de Krašić, no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (hoxe en Croacia). Foi o décimo terceiro fillo de Ivan e Ana, de apelido de solteira Blažić, un matrimonio de granxeiros de profunda fe cristiá. Estudou no Liceu Clásico de Zagreb, e entre 1931 e 1939 no seminario arquidiocesano. Posteriormente entrou na Facultade de Teoloxía da Universidade de Zagreb, graduándose en 1945.
Foi ordenado sacerdote o 15 de xullo de 1945 polo cardeal Alojzije Stepinac, e exerceu o seu ministerio pastoral na arquidiocese de Zagreb até 1964. Inicialmente, a partir de novembro, estivo na parroquia de Radoboj durante dez meses, e posteriormente pasou a atender as parroquias de Pavučnjak e Rakov Potok. Cando o 12 de setembro de 1946 foi asasinado o párroco de Okić, Kuharić pasou a administrar tamén dita parroquia, e el mesmo escapou dunha tentativa de asasinato o 22 de febreiro de 1947.
Episcopado Foi nomeado bispo auxiliar de Zagreb e bispo titular de Meta o 15 de febreiro de 1964 polo papa Paulo VI, recibindo a consagración episcopal o 3 de maio de 1964 de mans de Franjo Šeper. O 16 de xuño de 1970 foi nomeado arcebispo metropolitano de Zagreb.
No consistorio do 2 de febreiro de 1983 foi creado cardeal polo papa Xoán Paulo II. Permaneceu no cargo até o 5 de xuño de 1997, cando foi sucedido por Josip Bozanić.
Finou o 11 de marzo de 2002 en Zagreb, e está enterrado na catedral metropolitana.
Veneración Dez anos logo do seu pasamento, o 11 de marzo de 2012, o cardeal Josip Bozanić anunciou a apertura da causa de beatificación de Kuharić, pasando a ter o título de Servo de Deus.
Obra
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados no condado de Zagreb Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Croacia Categoría:Cardeais de Croacia Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Alumnos da Universidade de Zagreb Categoría:Escritores de Croacia Categoría:Escritores en lingua croata Categoría:Venerados pola Igrexa católica