Tirano Banderas é unha novela publicada por Ramón del Valle-Inclán en 1926. É a primeira novela do ciclo esperpéntico que irá seguida da serie "El ruedo ibérico" a partir de 1927. Considérase a obra cume no desenvolvemento novelesco do esperpento. Esta novela foi incluída na lista das 100 mellores novelas en castelán do século XX do xornal español El Mundo.Lista completa de las 100 mejores novelas polo xornal El Mundo

Argumento Narra a caída do ditador suramericano Santos Banderas, que dirixe a rexión ficticia de Santa Fe de Tierra firme de modo despótico e cruel manténdose no poder grazas ao terror e á opresión. A obra describe o comportamento do tirano e o comezo dun movemento revolucionario que acabará por derrocalo ante a súa torpeza.

Trazos da obra Esta obra aborda literariamente a ditadura no que se coñece como novela do ditador, que ten a súa orixe en Facundo: Civilización y Barbarie, e cultivou entre outros autores Augusto Roa Bastos. O Tirano non xorde dunha realidade recoñecible senón que é unha síntese de trazos de Suramérica. Ante o recurso do esperpento, desfilan os mozos intelectuais, os caciques, os pobres, o ditador etc. Un gran logro da obra é a selección do léxico, cheo de variados americanismos que crean unha atmosfera recoñecible na que desenvolver a temática da obra. É notable a planificación da novela ao modo fragmentario, con capítulos breves que representan escenas pechadas, o que produce unha forte sensación de ritmo interno. A descrición é plenamente deformadora e degradante. É moi valiosa a descrición da sociedade hispanoamericana, froito dun coñecemento próximo da mesma; dado que Valle Inclán realizara unha viaxe a México xa en 1892.

Notas

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1926 Categoría:Novelas ambientadas en América Categoría:Ramón María del Valle-Inclán Categoría:Libros no dominio público