Basilio Calvar Solla, coñecido como Roxo de Domaio, nado en Verdeal (Domaio, Moaña) o 2 de maio de 1911 e finado en Bordeos o 24 de setembro de 2002, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Foi detido con Benito Bermúdez Palmás en marzo de 1930 acusados de agresión,El Pueblo Gallego, 2-4-1930, p. 8. e foi novamente detido co seu sobriño Manuel Calvar González en abril de 1932 acusados de furto.El Pueblo Gallego, 21-4-1932, p. 9. Membro da Solidaridad Marinera da CNT. Foi detido en xullo de 1936 con Manuel González Pequeño e Enrique Calvar Calvar, acusados de efectuar disparos contra a casa do médico de Moaña Julio Rodríguez Franco.La Voz de Galicia, 5-7-1936, p. 10.
Participou nos combates para opoñerse ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Tras estar fuxido, foi detido e xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día de prisión, foi posto en liberdade vixiada no verán de 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1941.El Compostelano, 19-9-1941, p. 2. Os seus irmáns tamén foron vítimas da represión: Clemente foi paseado; José rapado, purgado e detido varios meses; e Manuel detido sen procesamento e finalmente enviado a un batallón de traballadores. Sobreviviu dedicándose á venda de patacas.
Pola presión implacable das autoridades, botouse ao monte. Formou parte do grupo de Benigno Andrade García "Foucellas" que actuaba no sur da provincia da Coruña. En novembro de 1946 uniuse ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois da morte dos líderes Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes, o 21 de maio de 1947, os guerrilleiros sobreviventes dispersáronse. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Manuel Álvarez Díaz, Claudio Rodríguez Vázquez, Estanislao Cantero Izquierdo e Eugenio Rueda Perosanz.El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2. Logrou marchar a Francia, onde morreu o 2 de maio de 2002."France, Indice de décès de la sécurité sociale de l'Insee, 1970-2019"
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1911
Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes