Giuseppe Pasotto, nado en Bovolone (Italia) o 6 de xullo de 1954, é un relixioso estigmatino italiano, dende 1996 administrador apostólico do Cáucaso. Traxectoria Aínda mozo entrou no seminario dos estigmatinos e foi ordenado sacerdote o 12 de maio de 1979 polo cardeal Lucas Moreira Neves.

En 1993 marchou a Xeorxia, logo dunha petición á súa congregación pola Santa Sé para estabelecer unha presenza católica de rito latino no país (posible pola disolución da URSS).

En 1996 foi nomeado administrador apostólico do Cáucaso, exercendo a función de bispo para os católicos latinos de Xeorxia, Armenia e Azerbaidján. O 8 de novembro de 1999 acolleu ao papa Xoán Paulo II en visita oficial a Xeorxia e ao encontro co presidente Eduard Shevardnadze.

Foi nomeado bispo titular Musti por Xoán Paulo II, recibido a consagración episcopal de mans do mesmo papa o 6 de xaneiro de 2000, na basílica de San Pedro. O 11 de outubro do mesmo ano a administración apostólica deixou de ter xurisdición sobre Azerbaidján, pasando este país a constituír unha misión sui iuris. En 2005, Giuseppe Pasotto organizou o primeiro sínodo diocesano da administración. O 30 de setembro de 2016 acolleu ao papa Francisco en visita oficial a Xeorxia e ao presidente Giorgi Margvelashvili. Premios e distincións En decembro de 2015 foi nomeado cidadán honorario do concello de Bovolone.

Notas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados na provincia de Verona Categoría:Relixiosos católicos de Italia Categoría:Estigmatinos Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos católicos de Azerbaidján Categoría:Bispos católicos de Armenia Categoría:Bispos católicos de Xeorxia Categoría:Bispos católicos do século XXI