Luís Nodar Castro, nado en Esteiro (Nogueirosa, Pontedeume) en 1910 e finado en Ferrol o 9 de xullo de 1937, foi un albanel e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Nodar Martínez, canteiro e activo dirixente societario. Vivía coa familia en Leiro, onde en 1931 presidiu a Sociedad de Oficios y Profesiones Varias afecta a UGT. Militante do PSOE, en 1934 foi elixido secretario da Agrupación Socialista de Pontedeume que presidía Manuel López Seijo. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Pontedeume.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República. Nun primeiro momento logrou escapar e buscou refuxio en Esteiro. Descuberto por uns veciños marchou á casa da súa irmá en Bermui. O seu irmán máis vello, Juan, falanxista, trasladouno á Coruña para embarcalo e sacalo do país. Non puido logralo e volveu para casa alternando as estancias na casa dos pais en Leiro co domicilio de Esteiro. Foi descuberto e detido o 7 de maio de 1937. Interrogatorio no cuartel da Garda Civil de Pontedeume, foi trasladado ao cárcere en Ferrol o día 10 e de alí pasou ao castelo de San Filipe. Xulgado en consello de guerra o 3 de xullo, foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 9 de xullo de 1937. Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Concelleiros de Pontedeume Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos