A remolacha de horta ou remolacha hortícola, cos nomes científicos máis habituais de Beta vulgaris var. rubra ou Beta vulgaris var. conditiva, é unha planta da cal se consome a parte da raíz primaria."beet". def. 1 and 2. also "beet-root". Oxford English Dictionary Second Edition on CD-ROM (v. 4.0) © Oxford University Press 2009 Ademais do seu valor como alimento, empréganse como colorante natural e como planta medicinal. As remolachas hortícolas son diversas variedades cultivadas da especie de nome común remolacha azucreira (Beta vulgaris).
Descrición miniatura|300px|Un feixe de remolacha de horta.Esta variedade destaca pola súa raíz de cor intensa, que varía desde tons de vermello até morado, e é máis doce que outras variedades de remolacha, facéndoa ideal para o consumo directo e en preparacións culinarias.
Taxonomía Taxonomicamente, inclúese dentro da subespecie B. vulgaris subsp. vulgaris, co grupo de Conditiva. Este grupo concreto diferénciase das variedades utilizadas para a produción de azucre ou como forraxe.
Usos Ademais do seu valor nutricional, utilízase como colorante natural debido á betanina, e desde a Idade Media ten un papel na medicina tradicional grazas ás súas propiedades antioxidantes. No século XIX, valorouse a súa capacidade de producir azucre como alternativa á variante azucreira. Recentemente, investigouse o seu potencial para mellorar o rendemento deportivo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dieta Horticultura Pigmento biolóxico Planta medicinal
Ligazóns externas Vídeo de como cultivar bererraba ou remolacha de horta (en portugués) Guías de cultuvo da bererraba ou remolacha de horta (en portugués)
Categoría:Beta Categoría:Alimentos de orixe vexetal Categoría:Órganos de almacenamento vexetais Categoría:Industria Categoría:Cultivos