miniatura|350x350px|Catro tipos de neuronas sensoriais. Os receptores sensoriais son terminacións nerviosas especializadas ou non, situadas nos órganos sensoriais (como a lingua, a pel, o nariz, os ollos, o oído, etc.). Son os encargados de captar estímulos, internos ou externos, para levar a información e obter unha resposta xa sexa interna ou externa, e capaces de xerar un impulso nervioso e sensacións.receptor, en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

O impulso é transportado ao sistema nervioso central e procesado en distintas áreas dentro do córtex cerebral, para proporcionar ao individuo información das condicións ambientais que o rodean e xerar unha resposta apropiada. É dicir, os receptores sensoriais son células nerviosas especializadas en transformar sinais físico-químicas en sinais eléctricas, convertendo a enerxía física nun potencial eléctrico mediante un proceso que se denomina transdución de sinais.

Tipos Estas estruturas pódense clasificar en: Exteroreceptores. Propioceptores.

Exteroreceptores Son aqueles receptores que se sitúan na pel para recoller información do medio ambiente que a rodea. Estes poden clasificiarse en diferentes tipos segundo as sensacións que recollen:Trulsson, M.; Francis, S. T.; Bowtell, R. & McGlone, F. (2010):Brain activations in response to vibrotactile tooth stimulation: a psychophysical and FMRI study, J. Neurophysiol. 104 (4): 2257-65. Tacto: corpúsculos de Meissner (derme) e discos de Merkel (epiderme).http://medical-dictionary.thefreedictionary.com/Cutaneous+receptor Calor: corpúsculos de Ruffini. Frío: corpúsculos de Krause. Dor: terminacións libres. Vibración: corpúsculos de Paccini.Sensory Receptor Function . Consultada o 30-03-2017.

Propioceptores Son estruturas somáticas máis profundas. Encóntranse nos músculos, nas articulacións e nos ligamentos. Posición do corpo respecta ao espazo: fusos neuromusculares e receptores de Golgi. Dirección e forza dun movemento articular: fusos neuromusculares e corpúsculos de Paccini. Presión nos órganos discernindo se é ou non álxica: corpúsculos de Ruffini.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mecanorreceptor Quimiorreceptor Sentido (bioloxía)

Categoría:Sistema nervioso Categoría:Neurofisioloxía Categoría:Sentidos Categoría:Célula Categoría:Neuroloxía