Rogelio Cenalmor Ramos, nado en Ferrol o 25 de maio de 1922 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1990, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como avogado en Ferrol. Foi profesor de Formación profesional e axente de aduanas. Foi procurador en Cortes elixido en representación dos municipios da provincia da Coruña (1961-1964). En 1963 foi designado alcalde de Ferrol. Permaneceu no cargo até 1974. Foi candidato ao Senado por Alianza Popular nas eleccións xerais de 1977. Finou en Ferrol o 24 de decembro de 1990.La Voz de Galicia, 26-12-1990, p. 25.

Obras Cartas que tú no leerás, Aktual, 1989. Con prólogo de Filgueira Valverde.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes