A febre amarela (tamén chamada a praga americana), é unha doenza viral aguda e infecciosa causada polo "virus da febre amarela", que pertence á familia dos Flaviviridae, e do xénero Flavivirus amaril. É unha causa importante de enfermidade hemorráxica en moitos países de África e a zona norte de Suramérica que orixina 30 000 mortes cada ano. Nesas rexións é unha enfermidade endémica. Existe unha vacina efectiva pero non se coñece cura polo que cando persoas non vacinadas contráena só se lles pode proporcionar tratamento sintomático. A palabra amarelo do nome refírese ós signos de ictericia que afectan a algúns pacientes.
Epidemioloxía esquerda|miniatura|Zona endémica de febre amarela en África, 2009. esquerda|miniatura|Zona endémica de febre amarela en Suramérica, 2009. A febre amarela só ocorre no presente en África, Suramérica e o Caribe. A maioría dos gromos en Suramérica ocorren entre persoas que traballan nas selvas tropicais chuviosas, converténdose por iso, nesas localidades, nunha enfermidade ocupacional.
É transmitida pola picadura do mosquito Aedes aegypti e outros mosquitos dos xéneros Aedes, HaemagogusMinisterio del Poder Popular para la Salud-Venezuela. Consultado o 18 de setembro de 2007. e Sabethes, que se atopan xeralmente a menos de 1.300 metros sobre o nivel do mar, pero Aedes foron achados ocasionalmente até os 2.200 msnm, nas zonas tropicais de América e África. Na febre amarela de transmisión urbana hai que lembrar que Aedes aegypti abunda en zonas húmidas ó redor da auga estancada limpa, e só pica durante o día.
A doenza pode permanecer localmente descoñecida en humanos por extensos períodos e de súpeto brotar nun modo epidémico. En Centroamérica, Venezuela e Trindade, tales epidemias debéronse á forma da enfermidade (febre amarela selvática), que permanece viva na poboación de monos ouveadores e é transmitida polo mosquito Haemagogus, o cal vive precisamente no dosel forestal das selvas chuviosas. O virus pasa ós humanos cando as selvas altas son talladas. Os obreiros forestais poden entón transmitir a enfermidade a outros, iniciando así unha epidemia.
O período de incubación sitúase entre os 3 e os 7 días. A duración da enfermidade en caso de curación é dunha a dúas semanas. Tras o período de incubación cabe distinguir dúas formas clínicas: a leve e a grave ou clásica.
Notas
Categoría:Doenzas virais Categoría:Doenzas raras