José Vicente Barbosa du Bocage, nado o 2 de maio de 1823 en Funchal, Madeira, e finado o 3 de novembro de 1907 en Lisboa foi un zoólogo e político portugués.

Traxectoria De 1839 a 1846, Bocage estudou na Universidade de Coímbra. Ao licenciarse, desde 1851 foi profesor da cátedra de zooloxía da Escola Politécnica de Lisboa (máis tarde, Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa), onde ensinou durante máis de 30 anos.

En 1858 tamén foi nomeado director científico e comisario de zooloxía do Museo de Historia Natural da Escola Politécnica (e despois, conservador de zooloxía no Museo de Historia Natural de Lisboa).

O seu traballo no Museo consistiu na adquisición, descrición e coordinación das coleccións, moitas delas chegadas das colonias portuguesas en África, como Angola, Mozambique etc., enviados por notábeis naturalistas tales como José Alberto de Oliveira Anchieta (1832–1897). Para eses propósitos, Bocage estandarizou os procedementos para recolectar, preparar e enviar espécimes ao Museo, no seu texto Instrucções Practicas sobre o Modo de Colligir, Preparar e Remetter Productos Zoológicos para o Museu de Lisboa (1862).

En 1860 tivo éxito no se empeño de volver a ter algunhas coleccións que foran retiradas do Museo durante a invasión napoleónica de Portugal, que incluían mostras de alto valor recollidas polo naturalista francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire (1772–1844) no Brasil.

En 1875 foi elixido vicepresidente da Academia Real das Ciências de Lisboa.

Bocage publicou máis de 200 artigos taxonómicos acerca de mamíferos, aves, réptiles, anfibios, peixes e moitas outras. Foi o responsábel de identificar moitas novas especies, que el designou co nome do naturalista que os encontrou. (Por exemplo, ducias de novas especies recibiron o epiteto de anchietae, na honra do seu colega).

Retirouse das actividades educativas e científicas en 1880, aínda que se mantivo como director do Museo, até que dedicou a súa vida restante á política.

Na política Na década de 1880, despois de retirarse como profesor, foi ministro da Mariña e das posesións de Ultramar, e máis tarde, desde 1883 a 1886, Ministro de Asuntos Exteriores de Portugal.

Algunhas publicaciones A ornitologia dos Açores, 1866 Aves das possessões portuguesas d’ Africa occidental que existem no Museu de Lisboa, da 1ª à 24ª lista, 1868 a 1882 Lista dos répteis das possessões portuguesas d’ Africa occidental que existem no Museu de Lisboa, 1866 Notice sur un batracien nouveau du Portugal, 1864 Diagnose de algumas espécies inéditas da família Squalidae que frequentam os nossos mares, 1864 Peixes plagiostomos, 1866 Ornithologie d’Angola, 1881 e 1877 Herpethologie d’Angola et du Congo, 1895

Lista comleta das súas publicacións José Vicente Barbosa du Bocage en Triplov.com.

Abreviatura A abreviatura Bocage emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores O 10 de abril de 1905 un decreto do goberno portugués nomeou á Sección zoolóxica do Museo Nacional de Lisboa, como o "Museu José Vicente Barboza du Bocage". Varios científicos horaron a dándolle o seu nome a diferentes especies, por exemplo: En 1864 o zoólogo austríaco, epecializado en ictioloxía, Franz Steindachner dedicoulle o ciprínido coñecido como barbo común ibérico: Luciobarbus bocagei. En 1882 o zoólogo francés Paul Henri Fischer bautizou un molusco gasterópodo como Fusus bocagei (hoxe clasificado como Fusinus bocagei). En 1885 o naturalista galego Víctor López Seoane denominou un lacértido, a lagarta galega, como Podarcis bocagei. En 1894 o ornitólogo alemán Anton Reichenow, dedicoulle unha paseriforme do xénero Telophorus: a Telophorus bocagei.

Véxase tamén

Bibliografía Almaça, C. (1987): "A Zoologia e a Antropologia na Escola Politécnica e na Faculdade de Ciências (até 1983)". Fac. Ciências da Univ. Lisboa. Passado/Presente e Perspectivas Futuras, 150º aniversário da Escola Politécnica, 75º aniv. Fac. Ciências: 293-312. Burnay E. (1903): "Comemorações Sociaes – O conselheiro Barboza du Bocage". Boletim da Sociedade de Geographia de Lisboa, 21ª serie, nº 7: 245-253 Osório, B. (1915): "Elogio Histórico do Illustre Naturalista e Professor J. V. Barboza du Bocage". Memórias do Museu Bocage: 1-42.

Ligazóns externas J. V. Barbosa du Bocage , sitio completo, con biografía, publicacións, cartas etc. .

Categoría:Científicos de Portugal Categoría:Ministros de Portugal Categoría:Zoólogos de Portugal Categoría:Nados en 1823 Categoría:Nados en Funchal Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Finados en 1907