miniatura|300x300px|Lebedínoye óziero de Petr Ilich Chaikovskii. A coreografía (literalmente «escritura da danza», tamén chamada composición), do grego χορεία (danza circular, corea) e γραφή (escritura), é a arte de crear estruturas nas que suceden movementos. O termo composición tamén pode referirse á navegación ou conexión destas estruturas de movementos. A estrutura de movementos pode ser considerada como a coreografía. As persoas que crean a coreografía son chamados coreógrafos.

Aínda que é usado principalmente en relación coa danza, o termo coreografía pode ser aplicado en varios escenarios, entre eles: Combate escénico (coreografía de acción ou de loita) Ximnasia Patinaxe artística sobre rodas Patinaxe artística sobre xeo Ballet clásico Banda de marcha Cinematografía

Tipos de coreografía Coreografía grupal: esta é a danza máis usada en todo o mundo. Estas constrúense polo coreógrafo quen corrixe os movementos que se actuasen, os grupos coreógrafos son de 6 a 10 persoas, están baseadas na persoa principal que actúa de maneira case diferente aos outros. Coreografía expresiva: é aquela na que recorren expresións interxectivas e moitas manifestacións dancísticas. Coreografía distributiva: está marcada por unha división. Mentres que as outras persoas bailan, o principal fai actos pero volve recorrer a eles, pódense dividir entre as persoas por exemplo: a principal danza igual que cinco persoas colocadas atrás, mentres que dúas á beira do principal danzan igual pero diferente aos outros. Coreografía principal: o bailarín vai cara á persoa principal, pero tamén dirixida cara aos bailaríns. Coreografía folclórica: esta é a máis usada entre os pobos rurais na que destacan os bailes ou danzas culturais sementada nun país. Esta úsana máis os países para destacar a cultura entre as persoas e dar conciencia ao pobo e entretelos. Coreografía histórica. Coreografía simétrica. Coreografía asimétrica. Coreografía do espazo parcial. Coreografía individual, moi utilizada en "castings", danza do ventre e striptease, entre outros. Para facer unha coreografía necesítase facer unha planigrafía, consistente en plasmar os movementos dos artistas nun papel; a planigrafía normalmente faia o coreógrafo, xa que con este material pode dirixir a un grupo grande de persoas no escenario.

Véxase tamén Outros artigos Historia da danza

Categoría:Ballet Categoría:Danza