dereita|miniatura|250px|Nazareno na localidade de Plasencia. miniatura|Reo da Inquisición con coroza e sambenito. miniatura|Procesión no Vesuvio, Italia.
Chámase capirote a un chapeu alto de forma cónica. Historicamente utilizouse con diversos propósitos, pero na actualidade úsase como parte dos traxes dos confrades que procesionan (nazarenos) na Semana Santa española.
Na Semana Santa española O historiador Juan Carrero Rodríguez define o capirote confrade como:
Aínda que a definición de Carrero Rodríguez de 1996 fala só de capirotes de cartón, a partir dos anos 2000 estes tamén poden ser de malla ou reixa, máis cómodos e que favorecen a ventilación. A diferenza de aspecto entre un capirote de reixa e un de cartón non se aprecia, xa que van cubertos coa tea do antiface.
Nun primeiro momento non remataba en punta, senón inclinado ou de forma roma. A primeira irmandade que incluíu o capirote rematado en punta na indumentaria dos irmáns durante as procesións foi a desaparecida Irmandade de San Xoán de Letrán e Nosa Señora da Hiniesta, no século XVII.
En Xaén denomínase capirucho e en Torredonjimeno, caperuz. En Murcia recibe o nome de capuz e non remata en punta como o capirote tradicional, senón de forma roma, coñecida coloquialmente como forma de faba.
A coroza da Inquisición
Para a aplicación da pena capital en España, desde a Idade Media, o axustizado era vestido cunha hopalanda de cor amarela e cun capirote, e así ataviado era conducido ao cadafalso sobre unha cabalaría. Nun sentido semellante, os condenados por delitos relixiosos pola Inquisición debían vestir sambenito e capirote para seren sometidos a humillación pública.Diccionario Enciclopédico Gaspar y Roig, 1870.
Outros usos Ata mediados do século XX o capirote empregouse como castigo vexatorio para os nenos nas escolas de moitos países.
Nos Estados Unidos, os membros da organización racista Ku Klux Klan levan túnicas e capirotes brancos. Por iso, o capirote branco é un símbolo de racismo nos Estados Unidos e tamén en moitos outros países da anglosfera.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Vestimenta Categoría:Semana Santa en España