A dos polioptílidos (Polioptilidae) é unha familia de pequenas aves paseriformes da superfamilia dos certioideos.

As 17 especies desta familia (algúns autores redúcenas a 15, mentres que outros auméntanas até as 20) viven en toda América, excepto no extremo sur e as altas rexións dos Andes. A maior parte delas habitan sobre todo en zonas tropicais e subtropicais, onde son residentes permanentes, pero Polioptila caerulea, dos Estados Unidos e o sur do Canadá, migra cara ao sur para pasar o inverno.

Características Estas delicadas aves parécense aos Sylviidae do Vello Mundo (en cuxa familia estiveron situados antigamente) na súa estrutura e hábitos, e móvense continuamente entre a follaxe na busca de insectos.

Existen tres xéneros nesta familia: Polioptila, Microbates e Ramphocaenus.Polioptilidae S. F. Baird, 1858 no ITIS.

As especies do primeiro xénero son na súa maioría de cor gris azulada suave, e teñen o bico longo e afiado, típico das aves insectívoras. Moitas especies teñen patróns negros distintivos na cabeza (especialmente os machos) e colas longas, que polo regular mostran ergueitas, de cor branca e negra. As especies dos outros dous xéneros son máis pardas, máis grosas e, proporcionalmente, coas colas máis curtas e os bicos máis longos.

Os Microbates e os Ramphocaenus aparecen tipicamente no mato de bosques densos, a miúdo húmidos, mientras que os Polioptila, dependendo da especie, aparecen en calquera lugar, desde hábitats de matogueiras secas (como Polioptila californica) até o dosel da selva tropical da Amazonia (como Polioptila guianensis).

As especies de América do Norte aniñan en arbustos ou en árbores, pero o comportamento reprodutivo de varias das especies neotropicais descoñécese.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1858 polo zoólogo estadounidense Spencer Fullerton Baird, especializado en herpetoloxía, ornitoloxía e ictioloxía.

Etimoloxía O nome científico Polioptilidae está formado, como é usual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, Polioptila, coa adición do sufixo do latín científico ´-idae, neutro plural de ´-ideus, tirado do sufixo patronímico do grego antigo -ίδης -ídēs (indicando semellanza), co que se forman os nomes da familias de animais.

Clasificación Segundo o ITIS a familia comprende tres xéneros, coas especies que ser relacionan a continuación:

Familia Polioptilidae S. F. Baird, 1858 Xénero Microbates Microbates P. L. Sclater & Salvin, 1873 no ITIS. Microbates cinereiventris (P. L. Sclater, 1855) Microbates collaris Xénero Polioptila Polioptila P. L. Sclater, 1855 no ITIS] Polioptila albiloris P. L. Sclater & Salvin, 1860 Polioptila caerulea (Linnaeus, 1766) Polioptila californica Brewster, 1881 Polioptila clementsi B. M. Whitney & J. A. Alonso, 2005 Polioptila dumicola (Vieillot, 1817) Poliptila facilis Zimmer, 1942 Polioptila guianensis Todd, 1920 Polioptila lactea Sharpe, 1885 Polioptila lembeyei (Gundlach, 1858) Polioptila melanura Lawrence, 1857 Polioptila nigriceps S. F. Baird, 1864 Polioptila paraensis Todd, 1937 Polioptila plumbea (Gmelin, 1788) Polioptila schistaceigula Hartert, 1898 Xénero Ramphocaenus Vieillot, 1819 Ramphocaenus Vieillot, 1819 no ITIS. Ramphocaenus melanurus Vieillot, 1819

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Atwood, J. & Lerman, S. (2006): "Family Polioptilidae (Gnatcatchers)" en: del Hoyo, J.; A. Elliott & D. Christie. Handbook of Birds of the World. Vol. 11. Old World Flycatchers to Old World Warblers. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-06-4, pp. 350–377. del Hoyo, J.; Elliot, A.; Christie, D. (eds.) (2006): Handbook of the Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 84-96553-06-X. LeCroy, M. (2005): "Type specimens of birds in the American Museum of Natural History. Part 6. Passeriformes: Prunellidae–Polioptilidae". Bulletin of the American Museum of Natural History 292: 1–132.

Outros artigos Paseriformes Certioideos

Ligazóns externas Polioptilidae S. F. Baird, 1858 no ITIS. Polioptilidae na EOL. Videos de polioptílidos en la Internet Bird Collection

Categoría:Paseriformes