A dos Paseroideos (Passeroidea) é unha superfamilia de aves paseriformes da suborde dos páseros pertencente á infraorde dos paséridos.
Eata superfamilia inclúe varias ramas de paxaros granívoros e herbívoros que son, en número de especies, as que maior éxito lograron entre todas as aves,Superfamilia: Passeroidea Monroe & Sibley, 1993 en Animalandia . unhas 1 600 especies.
A súa distribución é case global, xa que ocupan toda a Rexión paleártica e toda América, estando ausentes soamente na Antártida.
Taxonomía Descrición A superfamilia foi descrita en 1993 polos ornitólogos estadounidenses Burt Monroe e Charles Sibley.
Etimoloxía O nome científico Passeroidea está formado engadíndolle ao nome co seu xénero tipo, Passer, a desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal de unión -o-. Literalmente: "os que teñen forma de pardal".
Familias Esta superfamilia é un dos tres grupos da infraorde dos paséridos propostos en 1990 na clasificación das aves de Sibley e Ahlquist.
A monofilia do grupo está en gran medida confirmada por numerosos estudos, aínda que alunhas das familias inclídas por Sibley e Ahlquist na súa clasificación están actualmente situadas fóra dos paseroideos. En particular, a familia Paramythiidae da Nova Guinea xa non se considera parte da radiación dos paseroideos, e se colocou na dos Corvoidea.Boyd, J. H. Corvida na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 7 de abril de 2017. incluso os Melanocharitidae xa non se encadran nos Passeroidei, xa que máis ben parecen representar un clado basal dentro dos Passerida,Boyd, J. H. Melanocharitidae na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 7 de abril de 2017. mentres que os Alaudidae son actualmente considerados parte da superfamiglia dos Sylvioidea..
Pola contra, algunhas familias non consideradas na clasificación de Sibley e Ahlquist son hoxe ás veces incluídas nos Passeroidei: entre elas, as dos Arcanatoridae, Promeropidae, Irenidae, Chloropseidae, que constitúen ramas basais da superfamilia, con estreitos vínculos de parentesco cos Nectariniidae.
Segundo estes modernos criterios de clasificación, os paseroideos comprenden as seguintes familias:
Arcanatoridae Promeropidae Irenidae Chloropseidae Dicaeidae Nectariniidae Passeridae Ploceidae Estrildidae Viduidae Peucedramidae Prunellidae Motacillidae Urocynchramidae Fringillidae Parulidae Icteridae Coerebidae Emberizidae Thraupidae Calcariidae Cardinalidae
Evolución A separación evolutiva das diferentes ramas dos paseroideos non se precisou aínda totalmente, pero debe ser posterior á evolución das antigas anxiospermas, que comprendían diversas plantas non especializadas, pero que xa tiñan sementes rudimentarias, o que debeu ocorrer a finais do cretáceo, entre as eras mesozoica e cenozoica. O gran número de especies explicaríase entón por coevolución con estas plantas, que empezaron a producir unha gran variedade de froitos e sementes.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ericson, P. G. P. & Johansson, U. S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 126–138. Johansson, U. S., Fjeldså, J. & Bowie, R. C. K. (2008): "Phylogenetic relationships within Passerida (Aves: Passeriformes): a review and a new molecular phylogeny based on three nuclear intron markers". Molecular Phylogenetics and Evolution 48: 858–876. Jønsson, Knud A. & Fjeldså, Jon (2006): "A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri)". Zool. Scripta 35 (2): 149–186. Harshman, John (2008): Passerida. (en construción) . En The Tree of Life Web Project. Consultado o 7 de abril de 2017. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press.
Outros artigos Paseriformes Passeri Passerida
Ligazóns externas Passeroidea en Tree of Life. Passeroidea en Fauna Europaea. Passeroidea na ADW. Passeroidea na EOL. Passeroidea. Árbore filoxenética en jboid.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Fotos de Passeroidea wn wildlifespotting.com.
Categoría:Paseriformes