San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2022 tiña 410 habitantes (185 homes e 225 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

Historia No Arquivo Diocesano de Mondoñedo consérvase a acta da visita pastoral ao Couto de Árbol realizada en 1614 por Benito Méndez de Andrade. Nese documento márcase a poboación do Couto de Árbol en 97 vasalos e cóntase que a ermida, dedicada a Santo Estevo, estaba a ser reedificada grazas ás esmolas deixadas polos homes e mulleres que cada venres acudían a feira que se celebraba nas súas inmediacións.

No Catastro de Ensenada descríbese a parroquia de Árbol dividida en dous territorios: o maior ocupaba arredor de catro quintas partes e achábase baixo a xurisdición do condado de Vilalba; o menor ocupaba só a quinta parte restante e formaba o Couto de Árbol, pertencente á antiga provincia de Betanzos e baixo a xurisdición do deán e do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Estes nomeaban como administrador directo un xuíz. No momento da realización do Catastro cítase nese cargo a Francisco de Leiras.

Demografía

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Árbol

Parroquias de Vilalba

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilalba

Categoría:Parroquias de Vilalba Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo