José Felpeto Gómez, Felpeto, nado en Merille (Ourol) e finado en Cerdido o 16 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de xullo no Depósito de Viveiro. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Estivo na Prisión da Coruña. Cando saíu en liberdade, botouse ao monte. Foi membro da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois pasou ao destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación. Formou parte do grupo que acompañou a Manuel Fernández Soto en abril de 1949 á provincia de Ourense para reorganizar a guerrilla. Morreu o 16 de abril de 1949 nun enfrontamento coa Garda Civil preto da Vila da Igrexa (Cerdido), xunto cos outros membros do destacamento José Vilariño Fernández e Perfecto Castro Martínez e un enlace. No combate perdeu a vida o garda civil Ramón Pérez Casas.La Voz de Galicia, 20-4-1949, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes