Moon é un filme británico de ciencia ficción co-escrito e dirixido por Duncan Jones que se estreou no ano 2009. A historia segue a Sam Bell (Sam Rockwell), un home que experimenta unha crise persoal cando está a piques de rematar a súa estadía de 3 anos en solitario como mineiro de helium-3 na cara oculta da Lúa. Kevin Spacey fai a voz do compañeiro robótico de Sam, GERTY. Moon estreouse no Festival de Sundance de 2009, distribuíndose en cinemas seleccionados en Nova York e Os Ánxeles o 12 de xuño de 2009. A distribución ampliouse a outros cinemas nos Estados Unidos e Toronto o 3 e 10 de xullo respectivamente e ao Reino Unido o 17 de xullo.

Moon tivo un orzamento modesto e recadou uns $10 millóns en todo o mundo pero foi louvado pola crítica. A interpretación de Rockwell tamén foi eloxiada, facendo que o filme fose máis realista. Gañou numerosos premios da crítica e premios en festivais de cine e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme británico.

Personaxes Sam Rockwell como Sam Bell Kevin Spacey como GERTY (voz) Dominique McElligott como Tess Bell Kaya Scodelario como Eve Bell Benedict Wong como Thompson Matt Berry como Overmeyers Malcolm Stewart como 'o técnico' Robin Chalk como clon de Sam Bell

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Duncan Jones Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes ambientados en 2035 Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics