miniatura|Museo d´art Contemporari de Barcelona (MACBA) de Richard Meier.|dereita New York Five (ou The Five Architects) é un grupo de arquitectos formado por John Hejduk, Peter Eisenman, Richard Meier, Michael Graves e Charles Gwathmey.
Historia e características No ano 1972 publícase un libro de fotografías en branco e negro que recolle o traballo arquitectónico dos cinco arquitectos titulado Five Architects, de aí o nome do grupo. Esas fotografías xa formaran parte, uns poucos anos antes, dunha exposición para o MOMA. O libro foi publicado en 1975 por Oxford Press, alcanzando moita máis notoriedade.
Ocasionalmente reciben o alcume de Brancos (Whites) en referencia a súa rivalidade co grupo dos Grises (Greys), integrado por Romaldo Giurgola, Allan Greenberg, Charles Moore, Jaquelin T. Robertson e Robert A. M. Stern, que no ensaio "Five on Five", publicado na revista Architectural forum, acusaban o grupo de Hejduk e compañía de non ter en conta nin a contorna, nin os usuarios nin a funcionalidade nos seus edificios.
Os New York Five en Galicia En Galicia hai tres obras deste grupo de arquitectos, as tres en Santiago de Compostela: dúas delas no monte Gaiás, a Cidade da Cultura de Peter Eisenman e as Torres Hejduk, e o edificio do centro sociocultural A Trisca no barrio de San Pedro, estes dous últimos de John Hejduk.
Ademais Peter Eisenman tamén planificou un redeseño do estadio de Riazor que nunca chegou a concretarse.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Arquitectura en Nova York Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América do século XX