Antonii Khrapovitskii (en ), nado como Aleksei Pavlovich Khrapovitskii (en ) en Vatagino (distrito de Kresttsy, gobernación de Novgorod, Imperio Ruso) o 17 de marzo de 1863 e finado en Sremski Karlovci (Iugoslavia) o 10 de agosto de 1936, foi un bispo ortodoxo ruso, primeiro xerarca e fundador da Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia. Traxectoria Naceu en Vatagino, preto de Velikii Novgorod en 1863. Foi consagrado bispo en 1897. Foi bispo de Zhytomyr-Volinia entre 1902 e 1914, e posteriormente de Khárkiv até 1918, cando foi elixido metropolita de Kíiv da Igrexa ortodoxa rusa. O 8 de decembro de 1918 foi arrestado por "actividades anti-ucraínas" e enviado ao mosteiro basiliano de Buchach. Foi liberado pola insistencia do metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi e enviado a Cracovia. En 1919 volveu a Kíiv xunto ao exército de Denikin, e marchou novamente coa súa derrota. Instalouse en Sremski Karlovci (Iugoslavia), dende onde dirixiu á Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia até o seu pasamento o 10 de agosto de 1936.
Notas
Categoría:Nados en 1863 Categoría:Nados no óblast de Nóvgorod Categoría:Finados en 1936 Categoría:Bispos ortodoxos de Rusia Categoría:Bispos ortodoxos de Serbia Categoría:Bispos ortodoxos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia