A dos exitálidosTermo exitálidos en Digalego (Aegithalidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e da superfamilia dos silvioideos.

Comprende trece especies distribuídas en catro xéneros.

Características Teñen as colas de tamaño de mediano a longo (de aí o seu nome en inglés long-tailed tits, é dicir, paros de cola longa). Fan niños en forma de bolsas entretecidas, colgantes de árbores. A maioría das súas especies aliméntanse cunha dieta mixta, que inclúe insectos.

Taxonomia Descrición A familia foi descrita en 1850 polo botánico e zoólogo alemán Ludwig Reichenbach na súa obra Vollständigste Naturgeschichte des In- und Auslandes, publicada entre 1845 e 1854 en 2 volumes, en 9 fascículos, con máis de 1 000 láminas.

Etimoloxía O nome científico Aegithalidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Aegithalos, coa adición da desinencia do latín científico ´-ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación do nome das familias de animais.

Clasificación Na actualidade recoñécense na familia os seguintes xéneros e especies:Aegithalidae no ITIS. miniatura|240px|Niño de Aegithalos caudatus. Familia Aegithalidae Reichenbach, 1850 Xénero Aegithalos, Hermann 1804 Aegithalos Hermann, 1804 no ITIS. Aegithalos bonvaloti (Oustalet, 1892) Aegithalos caudatus (Linnaeus, 1758) Aegithalos concinnus (Gould, 1855) Aegithalos fuliginosus (J. Verreaux, 1869) Aegithalos glaucogularis (Moore, 1855) Aegithalos iouschistos (Blyth, 1845) Aegithalos leucogenys (Moore, 1854) Aegithalos niveogularis (Gould, 1855) Aegithalos sharpei (Rippon, 1904) Xénero Leptopoecile, Severtzov 1873 Leptopoecile Severtzov, 1873 no ITIS. Leptopoecile elegans Prjevalsky, 1887 Leptopoecile sophiae Severtzov, 1873 Xénero Psaltria, Temminck, 1836 Psaltria Temminck, 1836 no ITIS. Psaltria exilis Temminck, 1836 Xénero Psaltriparus, Bonaparte, 1850 Psaltriparus Bonaparte, 1850 no ITIS. Psaltriparus minimus (J. K. Townsend, 1837)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.

Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos

Ligazóns externas Aegithalos Hermann, 1804 no ITIS. Aegithalidae na EOL. Aegithalidae en Fauna Europaea. Vídeos e fotos de exitálidos en Internet Bird Collection.

Categoría:Paseriformes Categoría:Aves de Galicia