Mariarosa Dalla Costa, nada en Treviso en 1943, é unha profesora e feminista italiana.

Traxectoria Formou parte do movemento Potere Operaio de Antonio Negri, entre a fin da década de 1960 e o inicio dos anos 1970. Despois de deixar o grupo, en 1971, Mariarosa constituíu o Lotta Femminista, como forma de criticar as deficiencias na militancia do Potere Operaio. Como consecuencia da represión aos radicais de esquerda a finais dos anos 1970, en Italia, dedicouse a ensinar teoría política na Universidade de Padua.

Figura histórica do feminismo internacional, xunto a Selma James encabezou a principios dos anos setenta do século XX o debate sobre o traballo doméstico e a súa retribución, sobre a familia como centro de produción e sobre a muller como reprodutora da forza de traballo.

Obras Alcune note sul neoliberismo, la terra e la questione alimentare en "Ecologia Politica", n. 1. 1997 ("Some Notes on Neoliberalism, on Land and on The Food Question" en Canadian Woman Studies, Primavera de 1997, Vol. 17, n. 2) Donne e politiche del debito. Condizione e lavoro femminile nella crisi del debito internazionale. 1995 (Mariarosa Dalla Costa e Giovanna Franca Dalla Costa (eds.): Paying the Price. Women and the Politics of International Economic Strategies. 1995) Capitalismo e riproduzione, en "Capitalismo NaturaSocialismo", n. 1 de xaneiro-abril de 1995 ("Capitalism and Reproduction", en Bonefeld, Werner et al (eds.), 1995). Famiglia, welfare e stato tra progressismo e New Deal. 1983 Brutto ciao (Dalla Costa, Mariarosa e Fortunati, Leopoldina). Edizioni delle donne, Roma, 1977. Potere femminile e sovversione sociale. Marsilio Editori, Padova. (1972), 4a ed. 1977. ("The Power of Women and the Subversion of the Community", Falling Wall Press, Bristol, GB, 1972).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mariarosa Dalla Costa. Consultado o 17 de abril de 2008. For Another Agriculturepor Mariarosa Dalla Costa e Dario De Bortoli en Mute Magazine. Consultado o 17 de abril de 2008.

Categoría:Feministas de Italia Categoría:Profesores da Universidade de Padua Categoría:Nados na provincia de Treviso Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades sen imaxes