As Illas Flégreas (; ) son un arquipélago no Golfo de Nápoles e a rexión de Campania en Italia meridional. O nome deriva da súa pertenza á área xeolóxica dos Campos Flégreos. Xeografía Consta das illas de Ischia, Procida, Vivara e Nisida. Forman parte do arco volcánico de Campanin e do arquipélago Campano (arquipélago napolitano), da costa de Nápoles no Mar Tirreno.
O arquipélago está dentro da Provincia de Nápoles.
A illa de Capri é xeralmente excluída, xa que non pertence ás mesmas formacións xeolóxicas.miniatura|Mapa das illas|centro Historia Na época clásica, algunhas illas Flégreas chamáronse Pithecussae, do grego (, ‘illas dos monos’). Un mito grego fala de dous bandidos, os Cercopes de Éfeso, que facían trasnadas a Zeus, quen os castigou converténdoos en monos e exiliándoos ás illas de Aenaria (Ischia) e Prochyta (Procida)..
As lendas contan que o monstro Tifón esta sepultado baixo Ischia, e os Xigante Mimas baixo Procida. Tales historias poderían ser importantes como pista de como os antigos gregos trataron de explicar o vulcanismo de toda a zona. Os cambios resultantes na topografía das illas debéronse á frecuente intervención das deidades. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arquipélago Campano
Categoría:Illas de Italia Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Provincia de Nápoles