Benjamín Balboa López, nado en Boimorto o 19 de marzo de 1901Algunhas fontes (De Paz Sánchez. 2004. p. 62) sinalan que naceu en 1900, mentres que outras (Lamela García. 2002. p. 237) sinalan que naceu en Malpica en 1902. e finado en Cidade de México o 27 de xuño de 1976,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-6-1986, p. 61 foi un militar galego destacado durante a guerra civil española.

Traxectoria Nado o 19 de marzo de 1901 en Boimorto. Iniciou os estudos de Bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña, pero abandonou uns anos despois. Ingresou na Armada Española en 1916, ascendendo ao rango de cabo telegrafista en 1921 e a segundo contramestre en 1929. Dende 1928 estivo afiliado á masonería. Era militante do PSOE.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era oficial de 3.ª clase do Corpo auxiliar de radiotelegrafistas e estaba destinado na Estación de Radio do Ministerio de Mariña, en Ciudad Lineal. Estaba de garda a madrugada do 18 de xullo e captou mensaxes dos militares insurrectos do Marrocos español dirixido ás gornicións da península. Negouse a transmitir a mensaxe ás gornicións, e logo de informar directamente ao axudante do ministro José Giral, púxose en contacto cos buques e as bases da Armada, poñéndoos en alerta. Ademais, detivo ao seu oficial superior, que estaba implicado na conspiración militar. Grazas á súa decidida acción o ministerio logrou manter o contacto coa maioría de unidades da Mariña de Guerra da República. Durante a guerra foi por un tempo Subsecretario de Mariña.

Cando rematou a guerra marchou ao exilio por Portbou. Estivo ingresado varios meses no campo de Argelès-sur-Mer e logo en Marsella onde coñeceu a Katja Landau. Viaxou coa ela a Casablanca en maio de 1941. Axudado pola Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles embarcou no Serpa Pinto con dirección a Nova York, onde chegou o 11 de setembro de 1941. De alí partiu a Veracruz (México) desembarcando o 7 de outubro. Morreu en México en xuño de 1976.

Vida persoal A súa parella Katja Landau chegou a México en marzo de 1942, onde casaron en decembro de 1953. Katja era a antiga esposa do socialista austríaco Kurt Landau.Kurt Landau desaparecera sen deixar pegadas en Barcelona, logo dos Sucesos de maio de 1937 (Lustiger. 2002. p. 159). Un dos seus irmáns, José Balboa López, tamén era membro da Armada e foi fusilado ao final da guerra civil.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Benjamín Balboa, el hombre que captó el mensaje de Franco

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Militares da guerra civil española leais á República