Anubis (/aˈnu.β̞is/; do grego antigo: Ἄνουβις), tamén coñecido en exipcio antigo como Inpu, Inpw, Jnpw ou Anpu (en copto: ⲁⲛⲟⲩⲡ, romanizado: Anoup) era o deus dos ritos funerarios, o protector das tumbas e o guía do inframundo na civilización exipcia antiga. Adoitaba ser representado como un cánido ou como un home con cabeza de cánido. Os arqueólogos identificaron o animal sagrado de Anubis co chacal dourado, mais recentes probas xenéticas indican que se trataba do lobo dourado africano.

Nome "Anubis" é o termo grego adaptado do nome exipcio do deus. No Imperio Antigo de Exipto (c. -2686 e c. -2181), a forma estándar do nome escrito en xeróglifos estaba composto dos sons ı͗npw seguido dun "chacal"The canine referred to as the Egyptian jackal in older texts was recently biologically reclassified as a separate canid species more closely related to grey wolves and coyotes than golden jackals. Furthermore ancient Greek texts about Anubis constantly refer to the deity as having a dog's head, not jackal or wolf, and there is still uncertainty as to what canid represents Anubis. Therefore the Name and History section uses the names the original sources used but in quotation marks. sobre un símbolo Hotep: i-n:p-w-C6 Unha nova forma co "chacal" nun alto apareceu a finais do Imperio Antigo e fíxose común a partir de entón: i-n:p-w-E16

Segundo a transcrición acadia nas cartas de Amarna, o nome de Anubis (ı͗npw) era vocalizado en exipcio como Anapa.

Notas

Categoría:Deuses exipcios Categoría:Deuses animais