O alemán do Palatinado é un dialecto central occidental do alemán pertencente á familia do fráncico renano. Fálase no val do Rin, entre as cidades de Zweibrücken, Kaiserslautern e Mannheim, na fronteira coa rexión de Alsacia (Francia), e no Rin. O alemán de Pensilvania, provén principalmente dos dialectos palatinos do alemán falados por alemáns que emigraron a América do Norte entre os séculos XVII e XIX e decidiron manter as súas linguas nativas. Os suabos do Danubio en Croacia e Serbia tamén empregan moitos elementos deste.
É importante destacar que a pronunciación e a gramática varían coas rexións (mesmo nas vilas). Pola fala dos alemáns do Palatinado, adóitase saber de que zona ou de que vila son. O que teñen en común tódolos dialectos do Palatinado é que non se emprega o xenitivo, así como o imperfecto do alemán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en alemán do Palatinado Bibliografía Dialectos alemáns actuais: Pfälzisch
Categoría:Lingua alemá Categoría:Linguas xermánicas Categoría:Linguas de Alemaña