O Imperio de Etiopía (en amhárico መንግሥተ፡ኢትዮጵያ, Mängəstä Ityop'p'ya), coñecido tamén como Abisinia, foi un imperio africano fundado contra 1270, cando Yekuno Amlak derrocou o último rei da dinastía Zagwe Yetbarak, dando orixe á dinastía Salomónica, así chamada debido á súa suposta descendencia do rei Salomón.
Yekuno Amlak asumiu o título de negus neghesti (ንጉሠ ነገሥት), é dicir, "rei de reis".
Naquela época o imperio comprendía o territorio hoxe coñecido como Etiopía e algunhas parte do sur de Eritrea, pero no momento do seu máximo esplendor, tamén incluía o norte de Somalia, Djibuti, o sur de Exipto, o Sudán oriental, o Iemen e o occidente da Arabia Saudita.
O imperio tivo unha duración de case 750 anos, desde o derrocamento da dinastía Zagwe en 1270 até a abolición da monarquía en 1975.
Considérase como o descendente directo do Reino de Axum, existente desde o século IV antes de Cristo, razón pola cal foi considerado por algúns como o Estado máis antigo do mundo.
O impero subsistiu até 1974, cando a monarquía foi derrocada por un golpe de Estado.
Foi a única nación africana (xunto con Liberia) que resistiu con éxito a repartición de África levada a cabo polas potencias coloniais durante o século XIX.
Véxase tamén
Bibliografía Adekumobi, Saheed A. (2007): The History of Ethiopia. Westport: Greenwood Publishing Group. ISBN 0-3133.2273-2. Shillington, Kevin (2004): Encyclopedia of African History, Vol. 1. Londres: Routledge. ISBN 1-5795-8245-1. Pankhurst, Richard (2001): The Ethiopians: A History. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-6312-2493-9.
Outros artigos Etiopía África Oriental italiana Imperio Italiano Haile Selassie Guerra civil etíope
Ligazóns externas Abyssinia na Encyclopaedia Britannica volume 1, 1911. Ethiopia na Encyclopaedia Britannica volume 9, 1911. Abyssinia na Collier's New Encyclopedia, 1921.
Categoría:Imperios desaparecidos Categoría:Monarquías desaparecidas Categoría:Estados desaparecidos de África Categoría:Historia de Etiopía Categoría:Estados da Idade Media Categoría:Estados da Idade Moderna Categoría:Estados da Idade Contemporánea