O maorí das Illas Cook é unha lingua malaio-polinesia oriental falada nas Illas Cook, e é unha lingua indíxena do Reino de Nova Zelandia. O maorí das Illas Cook está estreitamente relacionada co maorí de Nova Zelandia pero non son mutuamente intelixibles. O maorí das Illas Cook é chamado sinxelamente māori cando non hai necesidade de diferencialo do maorí de Nova Zelandia, pero tamén é coñecido como Māori Kuki Airani, ou rarotongano. Moitos dos insulares de Cook tamén o chaman Te reo Ipukarea, que quere dicir literalmente "a lingua da patria ancestral". O maorí das Illas Cook está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua maorí
Bibliografía Cook Islands Maori Database Project , An online project created to build a collection of Cook Islands Maori Words based on existing print dictionaries and other sources. Cook Islands Maori Dictionary, por Jasper Buse xunto con Raututi Taringa, editado por Bruce Biggs e Rangi Moeka'a, Auckland, 1995. A dictionary of the Maori Language of Rarotonga, Manuscript by Stephen Savage, Suva : IPS, USP in association with the Ministry of Education of the Cook Islands, 1983.
Categoría:Linguas polinesias Categoría:Linguas de Nova Zelandia Categoría:Linguas das Illas Cook