Blas Agra Mancebo, nado en Noia o 3 de febreiro de 1875 e finado en Vigo o 31 de maio de 1957, foi un xornalista galego.
Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e na Escola Normal de Mestres. Nos anos de estudante colaborou en Gaceta de Galicia e foi director de El Ciclón. Exerceu o maxisterio na provincia da Coruña e foi empregado de consumos. A principios do século XX trasladouse a Vigo e foi redactor de Noticiero de Vigo. Logo foi redactor, redactor-xefe, e despois director (1944-1949) de Faro de Vigo. Colaborou en Martín Codax. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un activo comentarista de Radio Vigo, pronunciando conferencias a prol dos sublevados. Foi un dos fundadores da Asociación da Prensa de Vigo en 1907. Foi conselleiro Nacional de Prensa.miniatura|300x300px|De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra. Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.|centro Recoñecementos Medalla ao Mérito do Traballo en 1945. Xornalista de honra, outorgado polo Ministerio de Información en 1952.El Pueblo Gallego, 20-7-1952, p. 2.
Vida persoal
Casou con María Cambón e foi pai de Carmen, Elena e Concepción Agra Cambón.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1875
Categoría:Finados en 1957