Ramón Vicente López Facal, nado en Toba (Cee) en 1952, é un historiador galego.

Traxectoria Foi profesor de ensino medio durante 35 anos e profesor asociado no departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Despois foi profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na USC.

É membro da asociación Sine Nomine, promotora da renovación dos métodos de ensino das Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, e coautor de diversas publicacións sobre historia contemporánea e didáctica da historia.

Forma parte dos consellos das revistas Enseñanza de las Ciencias Sociales, Revista de Investigación; Revista de Educación (MEC); Íber; Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales; Educatio Siglo XXI; Revista Galega de Educación; Le Cartable de Clio (Suíza); Clío & Asociados (Arxentina).

Obras

De la idea a la identidad: estudios sobre nacionalismos y procesos de nacionalización, con M. Cabo (2012). “Los «conflictos candentes» en el aula”, Íber, 69, con V. Santidrián (2011) “Nacionalismos y europeísmos en los libros de texto: Identificación e identidad nacional”, Clío & Asociados, 14, Non V. Santidrián (2010). “Identities, social representations and critical thinking”, Cultural Studies of Science Education, 4, con M. P. Jiménez (2009).

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Cee Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá