Letizia Battaglia, nada en Palermo, o 5 de marzo de 1935 e finada en Cefalù o 13 de abril de 2022, foi unha fotógrafa, fotorreporteira e política italiana.
Traxectoria Iniciou a súa carreira en 1969 colaborando co xornal palermitano L'Ora. En 1970 trasladouse Milán onde comezou a fotografar colaborando con varias cabeceiras. En 1974 retornou a Palermo e creou, con Franco Zecchin, a axencia "Informazione fotografica", frecuentada por Josef Koudelka e Ferdinando Scianna. En 1974 documentou o inicio dos anos de chumbo da súa cidade, facendo fotos dos delitos da mafia para comunicarlles ás consciencias a medida daquela atrocidade.comentario en Winners of the W.E. Smith... (1985)
Son súas as instantáneas no hotel Zagarella que retratan o mafioso Salvo co político Giulio Andreotti que foron adquiridas como proba para o proceso xudicial, e chegou a ser unha fotógrafa de fama internacional.Mais Letizia Battaglia non é só "a fotógrafa da mafia". As súas fotos, a miúdo nun vívido e nidio branco e negro, fíxanse sobre todo en Palermo na súa miseria e no seu esplendor, os mortos da mafia mais tamén as súas tradicións, as miradas dos nenos e das mulleres (Battaglia prefire os suxeitos femininos), os barrios, as rúas, as festas e os loitos, a vida cotiá e os rostros do poder dunha cidade contraditoria. Nos anos 80 crea o "laboratorio d'If", onde se forman fotógrafos e fotoxornalistas palermitanos: a súa filla Shobha, Mike Palazzotto, Salvo Fundarotto.
Letizia Battaglia foi a primeira muller europea en recibir en 1985, ex aequo coa americana Donna Ferrato, o Premio Eugene Smith, en Nova York, recoñecemento internacional instituído para recordar o fotógrafo de Life. En 1999 concedéronlle outro premio, o Mother Johnson Achievement for Life.
Expuxo en Italia, nos Países do leste, Francia (Centro Pompidou, París), Gran Bretaña, América, Brasil, Suíza, Canadá. O seu empeño social e a súa paixón polos ideais de liberdade e xustiza son descritos na monografía das edicións Motta: Passione, giustizia e libertà (o mesmo título dunha mostra recente).
De 2000 ao 2003 dirixe a revista bimestral realizada por mulleres Mezzocielo, nada dunha idea súa en 1991.
Malia as súas raíces profundamente sicilianas, Battaglia trasladouse en 2003 a París, decepcionada polo cambio do clima social e pola sensación de marxinación na que se sentía rodeada, mais en 2005 retornou a Palermo.
Letizia Battaglia tivo tres fillas do seu primeiro matrimonio: Cinzia, Shobha e Patrizia Stagnitta.
En 2008 aparece nun cameo no filme de Wim Wenders Palermo Shooting.
Política En 1979 foi cofundadora do Centro de Documentación "Giuseppe Impastato". Ocupouse tamén da política entre a fin dos anos 80 e o inicio dos anos 90. Foi conselleira comunal cos Verdes, asesora comunal en Palermo coa chegada de Leoluca Orlando. En 1991 foi escollida deputada na Asemblea Rexional Siciliana con La Rete, na XI Lexislatura. Nesta lexislatura é vicepresidenta da Comisión de Cultura. En 1996 non se presenta de novo.
Representacións nos medios En 2006, con ocasión do Festival Sguardi altrove, Milán, proxectouse a película-documental para a televisión suíza de Daniela Zanzotto Battaglia – unha muller contra a mafia, dedicada a ela.
En 2014 proxectouse en Sky Arte HD o documental "Letizia Battaglia - Amoreamaro" dirixido por Francesco Raganato.
Exposicións Palermo amore amaro, 1986, Palermo. Fotografie dalla Sicilia, 2002, Cantieri Culturali della Zisa, Palermo. Sorelle, 2003. Passione, giustizia e libertà Metis-nl Ámsterdam, Países Baixos. Omaggio a Letizia Metis-nl, Ámsterdam, Países Baixos. Expo Fotografe Italiane, Hasseblad center, Alemaña. Passione, giustizia e libertà, 2006, Turín. Siciliana, Galleria Belvedere, Milán, 2006. Dovere di cronaca, con Franco Zecchin, Festival Internazionale di Roma. Letizia Battaglia 1974 - 2011, palazzo Chiaramonte, Palermo pride 2011 Attraverso le tenebre: Goya, Battaglia, Samorì, 2010, Raccolta Lercaro, Boloña. Letizia Battaglia 1974- 2015, Palazzo della Ragione, 2015, Bergamo. Anthologia. Palermo, Cantieri culturali alla Zisa, 5 de marzo-8 de maio de 2016 Per pura passione, MAXXI ,2016-2017,Roma.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Calvenzi, Giovanna. Letizia Battaglia. Sulle ferite dei suoi sogni. Ed. Bruno Mondadori. 2010. Milán. ISBN. 9788861594678. Falcone, P; Pietromarchi, B.; Guccione, M. Just for Passion. Ed. Drago. 2016. Roma. Letizia Battaglia. páx.140. ISBN 978-88-985652-07. (En inglés). Falcone, P; Pietromarchi, B.; Guccione, M. Per Pura Passione. . Ed. Drago. 2016. Roma. Letizia Battaglia. páx.140. ISBN=978-88-985653-20. (En italiano) Falcone, Paolo. Letizia Battaglia. Anthologia. Ed. Drago. 2016. Roma. Letizia Battaglia. páx.360. ISBN=978-88-98565-19-1. (En italiano) Falcone, Paolo. Letizia Battaglia. Anthology. Ed. Drago. 2016. Roma. Letizia Battaglia. páx. 360. ISBN=978-88-98565-18-4. (En inglés). Carpentieri, T. Letizia Battaglia. Il fuoco e la memoria. Ed. Salentina. 2014. Galatina. (En italiano). Battaglia, Letizia; Battaglia, Michela. Storie di Mafia. 2012. Ed. Postcart. Roma. (En italiano) Battaglia, Letizia; Zecchin, Franco. Dovere di cronaca. 2006. Ed. Peliti Associati. Roma. (En italiano) Battaglia, Letizia. Letizia Battaglia. Passione, giustizia, libertà: fotografie dalla Sicilia. 1999. Ed. Federico Motta. Milán. ISBN=88-7179-222-X. (En italiano) Battaglia, Letizia. Palermo amore amaro. 1986. Ed. Associazione Siciliana della Stampa. Palermo. (En italiano)
Outros artigos Petra Reski
Ligazóns externas Entrevista a Letizia Battaglia en Narcomafia
Categoría:Fotógrafos de Italia Categoría:Políticos de Italia Categoría:Nados en Palermo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Xornalistas de Italia