Inés Santé Riveira, nada en Ferrol o 29 de novembro de 1976, é unha investigadora e científica galega, profesora da área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela e Secretaria da Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra.
Ocupa a Dirección do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia.
Traxectoria Doutora en enxeñaría agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Extraordinario de Doutoramento e licenciada con matrícula de honra. O seu proxecto fin de carreira, co título "Aplicación das novas tecnoloxías SIG e Web á enxeñaría rural e agronómica", obtivo o Premio á Iniciativa Empresarial da CEL para proxectos de investigación. É membro do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), que está integrado no grupo de investigación GI-1934-TB (Territorio e Biodiversidade) da USC. A súa actividade investigadora desenvolveuse fundamentalmente dentro dos campos da ordenación do territorio, sistemas de axuda á decisión espacial, SIG-web; Public Participation GIS (PPGIS); modelos e técnicas de ordenación territorial (análise multicriterio, optimización heurística e modelos urbanos baseados en autómatas celulares). Foi, no curso 2014-15, coordinadora do máster Universitario da USC en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Catálogo Iácobus USC
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1976 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Cartógrafos de España