Magda Donato, pseudónimo de Carmen Eva Nelken Mansberger, nada o 6 de febreiro de 1898 en Madrid e finada o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, foi unha xornalista, dramaturga, narradora e actriz española que tivo que se exiliar en México tras a Guerra Civil Española. Foi irmá da escritora e política Margarita Nelken.Guillermina Torres. Magda Donato, la eterna desconocida. http://ctxt.es/es/20170208/Culturas/11018/Magda-Donato-feminismo-sufragio.htm. Acceso o 30 de maio de 2017. (En castelán)
Traxectoria Naceu en MadridRODRIGO, Antonina, Mujer y exilio, Flor del Viento, Barcelona, 2003, p. 32 . no seo dunha familia comerciantes de ascendencia xudeu-alemá.Los "Reportajes" de Magda Donato revelan el "periodismo vivido" de los años 30 . La Voz Libre. 3-4-2010. Consultado o 30-05-2017. O seu pai era un xoieiro español, e a súa nai, nada en Francia, era filla dun reloxeiro que, en 1889, fora a Madrid a traballar como reloxeiro de palacio e, ademais, que posuíu unha reloxaría e xoiaría na Puerta del Sol, nº 15 de Madrid. A súa rica familia proporcionoulle unha esmerada educación superior, pouco común para as mulleres nese momento.
Decontado, en 1917, comezou a escribir no xornal El Imparcial, diario da familia Gasset, e máis tarde noutros xornais madrileños como Estampa, El Liberal e La Tribuna. Asinaba os seus artigos como Magda Donato, para autoafirmarse fronte á súa irmá máis vella, Margarita Nelken.Intelectuales de la Edad de Plata (11). Magda Donato Concepción Bados Ciria. Centro Virtual Cervantes. 29-4-2009. Consultado o 18-11-2012.
Nos anos trinta realizou para o diario Ahora unha serie chamada Reportajes vividos, nos que coñeceu desde dentro un hospital psiquiátrico, un albergue de mendigos e un cárcere de mulleres.
En 1939 viuse obrigada a saír ao exilio pola guerra civil española, foi a Francia, e en novembro de 1941 chegou a México, onde iniciou a súa carreira como actriz no grupo Les comediéns de France.Donato, Magda Cine mexicano. Consultado o 18-11-2012 Escribiu xunto coa súa parella Salvador Bartolozzi obras de teatro para nenos como Pinocho en el país de los cuentos ou Las aventuras de Cucuruchito y Pinocho, estreadas en México durante a década de 1940.MEDINA ORTIZ, Xóchitl (2013), 70 años de teatro escolar del Instituto Nacional de Bellas Artes. Memoria 1942-2012, México, INBA, p. 23-27 . Algunhas das súas películas máis coñecidas foron La liga de las muchachas (1949), Curvas peligrosas (1950), El amor no es negocio (1949) e Caperucita y Pulgarcito contra los monstruos (1960). O seu labor como actriz sería recoñecido en 1960 co premio á mellor actriz concedido pola Agrupación de Críticos de Teatro.
Tras a súa morte o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, creouse o Premio Magda Donato co fin de recoñecer e premiar a mellor obra escrita do ano, premio que foi administrado pola Asociación Nacional de Directores y Actores (ANDA) ata a súa desaparición en 1973.
Obras La carabina (1924) ¡Maldita sea mi cara! (1929) Las otras dos (1931) La protegida de las flores
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Magda Donato, la eterna desconocida, ctxt, 8 de febreiro de 2017.
Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Finados en 1966 Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Feministas de Madrid Categoría:Dramaturgos en lingua castelá