Benjamín Núñez Sanmartín, nado en 1910, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Fillo de Ramón Nuñez, comerciante de Guitiriz. Membro de Izquierda Republicana, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Curtis.La Voz de Galicia, 17-4-1936, p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou a resistencia comezando coa recollida de armas, e desprazouse cun grupo de veciños a Betanzos e Coruña o día 20 de xullo. Despois fuxiu. Militante do PCE. Foi procesado en Santiago de Compostela por rebelión e declarado en rebeldía. Exiliouse no Brasil. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a quince anos de inhabilitación absoluta, quince anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Arzúa e o pago de vinte e cinco mil pesetas.BOE, 2-3-1940, p. 1107.
Vida persoal
Casou en Lugo con Ángela Castelo Losada o 6 de febreiro de 1932.El Progreso, 7-2-1932, p. 1. Foi pai de Vladimir Ilich Núñez Castelo, que finou en Lugo o 31 de marzo de 1938 con dous anos.Necrolóxica en El Progreso, 1-4-1938, p. 3. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha Responsabilidades Políticas Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Alcaldes de Curtis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en ano descoñecido