Víctor Pablo Pérez Pérez, nado en Burgos o 15 de marzo de 1954,Víctor Pablo Pérez en Scherzo.Pérez, Victor Pablo en BnF. é un director de orquestra español.
Traxectoria
Fixo os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e na Hochschule für Musik de Múnic.Páxina web de Víctor Pablo Pérez. miniatura|Víctor Pablo Pérez dirixindo a OSG. Entre 1980 e 1988 foi o director artístico e titular da Orquestra Sinfónica de Asturias. En 1987 foi o principal director invitado da Orquestra Nacional de España (ONE). Desde 1986 a 2005 foi o director artístico e titular da Orquestra Sinfónica de Tenerife (OST). E desde 1993 a 2013, foi o director artístico e titular da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).La Orquesta Sinfónica de Tenerife afronta con Víctor Pablo Pérez el estreno en la Isla de Ingolf Wunder El Día. Santa Cruz de Tenerife, 4 de decembro de 2013.
Colabora habitualmente co Teatro Real de Madrid, o Gran Teatre del Liceu de Barcelona, o Festival Mozart da Coruña, e en diversos festivais internacionais de música das Canarias, Perelada, Granada, Santander, Schleswig-Holstein, Festival Bruckner de Madrid, e no Rossini Opera Festival (ROF), o Festival de San Lorenzo de El Escorial e na Quincena Musical de Donostia-San Sebastián.
Desde a temporada 2013-2014 foi designado director artístico e titular da Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid (ORCAM).
Colaboracións Víctor Pablo Pérez, ademais de dirixir habitualmente a práctica totalidade das orquestras españolas, foi chamado como director invitado por diferentes formacións internacionais como: Alemaña: HR-Sinfonieorchester de Frankfurt, Berliner Symphoniker, Münchner Symphoniker e Dresdner Sinfoniker. Gran Bretaña: Royal Philharmonic Orchestra e Philharmonia Orchestra de Londres. Italia: Orchestra del Maggio Musicale Fiorentino, Orchestra dell’Accademia Nazionale di Santa Cecilia di Roma, Orchestra Sinfonica Siciliana, Orchestra Sinfonica RAI di Roma e Orchestra Sinfonica di Milano Giuseppe Verdi. Francia: Orchestre National de Lyon e Orchestre National du Capitole de Toulouse. Israel: Orquestra Sinfónica de Xerusalén. Polonia: Filharmonia Narodowa (Orquestra Sinfónica Naciona). Escandinavia: Helsingborgs Symfoniorkester e Trondheim Symfoniorkester.
Así mesmo colabora habitualmente con grandes solistas como C. Zimerman, G. Sokolov, A. Volodos, L. O. Andens, P. Lewis, R. Blezatz, F. P. Zimermann, J. Rachlin, L. Kavakos, A. S. Mutter, Midori, Gil Saham, N. Zneider, S. Chang, A. Steinbacher, G. Kremer, M. Vengerov, R. Fleming, Mª Bayo, A. Arteta, N. Dessay, N. Stuzmman, E. Podles, V. Kasarova, F. Cedolins, I. Mula, P. Domingo, R. Villazón, C. Álvarez, J. Bros, Mª J. Moreno, A. Murray e M. Barrueco, por só citar algúns.
Distincións
Desde 2006 é director honorario da Orquestra Sinfónica de Tenerife. Desde 2013 é director honorario da Orquestra Sinfónica de Galicia. Foi galardoado coa Medalla de Ouro ás Belas Artes do Reino de España. Premio Nacional de Música 1995. Premio Ondas de 1992 e 1996. Premio Ojo Crítico de Radio Nacional de España. Fillo Adoptivo da cidade de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife. Medalla de Ouro do Goberno das Canarias. É académico correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando (Madrid) e Nosa Señora do Rosario (A Coruña).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Orquestra Sinfónica de Galicia
Ligazóns externas Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid. Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). Orquesta Sinfónica de Tenerife.
Categoría:Directores de orquestra de España Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1954 Categoría:Directores da Orquestra Sinfónica de Galicia