Cyanocorax yncas é unha especie de ave que se pode atopar tanto en América do Norte como no Sur. Os adultos teñen uns 27 cm de lonxitude e unha cor variable dependendo da súa distribución. Polo xeral, teñen testas de cor negra e azul, ás verdes, colas verde-azuladas e patas negras. A súa dieta baséase en artrópodos, pequenos vertebrados, sementes e froitas. Os seus niños son construídos en matogueiras espiñosas, nos cales a femia choca entre tres e cinco ovos.

Notas

Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1783