miniatura|Unha porqueta. miniatura|Porqueta de á ou bolboreta, hexagonal, con rebordo e outras. Unha porqueta ou porca é unha peza mecánica cun burato central, o cal presenta unha rosca, que se emprega para axustar a un parafuso, en forma fixa ou deslizante. A porqueta permite suxeitar e fixar unións de elementos desmontables. En ocasións, pode agregarse unha arandela para que a unión peche mellor e quede fixa. As porquetas fabrícanse en grandes producións con máquinas e procesos automatizados.

A porqueta sempre debe ter as mesmas características xeométricas do parafuso co que se axusta, polo que está normalizada segundo os sistemas xerais de roscas. miniatura|Porquetas cegas, cadrada, T, ameadas, de seguridade "nyloc" e outras.

Identificación das porquetas Existen 4 características básicas para identificar unha porqueta: O número de caras. Na maioría das porquetas adoita ser 6 (porca hexagonal) ó 4 (porca cadrada). Sobre estes modelos básicos pódense introducir diversas variacións. O grosor da porqueta. O diámetro do parafuso que encaixa nela, que non é o do buraco senón o que aparece entre os fondos da rosca. O tipo da raia que ten que coincidir co do parafuso ó que se axusta. As porcas apértanse xeralmente con chaves inglesas, adaptadas ás dimensións das súas caras. Cando se require un par de apertamento moi exacto utilízase unha chave dinamométrica. Nas montaxes industriais utilízanse para o apertamento rápido ferramentas neumáticas. Para apertar porcas non é aconsellable utilizar tubos ou pancas porque se pode romper o parafuso ou deteriorarse a rosca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Elementos de máquinas Categoría:Materiais de construción