Os British and Irish Lions (en galego Leóns británicos e irlandeses) son unha selección dos mellores xogadores de rugby das Illas Británicas que cada catro anos fai unha xira por unha das rexións máis potentes do rugby do Hemisferio Sur, principalmente Nova Zelandia, Suráfrica e Australia, malia que tamén teñen visitado Arxentina. Nesas xiras adoitan enfrontarse a varios equipos locais, para rematar cunha serie de tres ou catro encontros coa selección nacional do país visitado, que determinan quen sae gañador da xira, á marxe dos resultados previos. Os Lions non son unha selección nacional, de xeito que tampouco poden competir oficialmente en ningún campionato, e os resultados contra eles non suman nin restan puntos na clasificación mundial. Porén, as xiras dos Lions son un evento dos medios de primeiro nivel no rugby internacional, e a súa camisola vermella é a segunda máis vendida no mundo trala negra dos All Blacks. Xogar cos Lions está considerada a máxima honra para un xogador de rugby das Illas Británicas, mesmo por enriba de xogar para o seu equipo nacional, pois os Lions son unha selección de seleccións (Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda). Do mesmo xeito xogar contra os Lions é moi valorado, pois adoitan visitar os seus rivais tan só unha vez cada doce anos.
Xogadores A Xira 2017 por Nova Zelandia contou cos seguintes xogadores: Dianteiros Rory Best Dan Cole Taulupe Faletau Tadhg Furlong Jamie George Iain Henderson Maro Itoje Alun Wyn Jones George Kruis Courtney Lawes Joe Marler Jack McGrath Ross Moriarty Sean O'Brien Peter O'Mahony Ken Owens Kyle Sinckler CJ Stander Justin Tipuric James Haskell Mako Vunipola Sam Warburton (C) Tres cuartos Dan Biggar Elliot Daly Jonathan Davies Owen Farrell Leigh Halfpenny Robbie Henshaw Stuart Hogg Jonathan Joseph Greig Laidlaw Conor Murray George North Jack Nowell Jared Payne Tommy Seymour Jonathan Sexton Ben Te'o Anthony Watson Rhys Webb Liam Williams Xiras A primeira xira levada a cabo polos "turistas" tivo lugar en Nova Zelandia e Australia no ano 1888, saíndo en barco o 9 de marzo e volvendo no mesmo barco o 11 de novembro despois de xogar 35 encontros, con 27 vitorias. Dende entón até o ano 2017 os Lions fixeron 33 xiras, 13 por Suráfrica, 6 por Nova Zelandia, 4 por Australia, 3 pola Arxentina e 7 por Nova Zelandia e Australia.
Ano Destino Gañador1888 |align=centre|20px20px |align=right|- -
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1891 20pxLions 3-0 1896 |align=centre|20px |align=right|Lions 3-1
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1899 20pxLions 3-1 1903 |align=centre|20px |align=right|Springboks 0-1
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1904 20px20px Lions 3-0 All Blacks 0-1 1908 |align=centre|20px20px |align=right|All Blacks 0-2 -
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1910 20pxSpringboks 1-2 1910 |align=centre|20px |align=right|Lions 1-0
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1924 20pxSpringboks 0-3 '''1927 20pxLions 4-0
Ano Destino Gañador1930 |align=centre|20px20px |align=right|All Blacks 1-3 Wallabies 0-1
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1936 20pxLions 1-0 1938 |align=centre|20px |align=right|Springboks 1-2
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1950 20px20px All Blacks 0-3 Lions 2-0 1955 |align=centre|20px |align=right|2-2
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1959 20px20px Lions 2-0 All Blacks 1-3 1962 |align=centre|20px |align=right|Springboks 0-3
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1966 20px20px Lions 2-0 All Blacks 0-4 1968 |align=centre|20px |align=right|Springboks 0-3
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1971 20pxLions 2-1
Ano Destino Gañador1974 |align=centre|20px |align=right|Lions 3-0
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1977 20pxAll Blacks 1-3 1980 |align=centre|20px |align=right|Springboks 1-3
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1983 20pxAll Blacks 0-4 1989 |align=centre|20px |align=right|Lions 2-1
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|1993 20pxAll Blacks 1-2 1997 |align=centre|20px |align=right|Lions 2-1
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|2001 20pxWallabies 1-2 2005 |align=centre|20px |align=right|All Blacks 0-3
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|2009 20pxSpringboks 1-2 2013 |align=centre|20px |align=right|Lions 2-1
|- align=center bgcolor=skyblue |align=right|2017 20px1-1
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial dos British and Irish Lions
Categoría:Seleccións de rugby