miniatura|dereita|Pliskova no 2010 no US Open Junior. Karolína Plíšková, nada en Louny o 21 de marzo de 1992, é unha tenista checa.
Traxectoria Foi número un na clasificación mundial da WTA dende o 17 de xullo de 2017 ata o 10 de setembro do mesmo ano, cando cedeu o número un á española Garbiñe Muguruza. Converténdose na primeira xogadora checa en acadar esta posición dende que nos primeiros anos oitenta Martina Navrátilová o fixera para Checolovaquia.
Gañou 8 torneos WTA, Brisbane e Doha no 2017, Nottingham e Cincinnati no 2016, Praga en 2015, Seul e Linz en 2014, e Kuala Lumpur en 2013, representado o seu país gañou a Fed Cup en dúas ocasións 2015 e 2016. O seu mellor resultado nun Grand Slam é a final do Aberto dos Estados Unidos de 2016, onde perdeu contra Angelique Kerber, e as semifinais de Roland Garros de 2017 onde caeu contra Simona Halep .
Notas
Categoría:Tenistas olímpicos da República Checa Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na rexión de Ústí nad Labem Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Tenistas femininas da República Checa